ASOCIACIÓNS

Novas

Debate sobre o modelo de financiamento
Published 6 Marzo, 2020 in A.C. O Galo
O vindeiro xoves 12 de marzo a A.C. O Galo organiza un debate sobre o modelo de financiamento das Comunidades Autónomas no Salón de Actos da Faculdade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a partir das 18:00... ler máis ...
Presentación de Personaxes da Galiza medieval
Published 8 Febreiro, 2023 in A.C. O Galo
A Agrupación Cultural O Galo convídate á presentación de Personaxes da Galiza medieval, un novo libro que acaba de editar e que versa sobre dez grandes figuras da nosa historia que viviron entre os séculos X e XIII. Os... ler máis ...
Subida ó Pico Sacro
Published 8 Xullo, 2019 in Galiza Cultura
A Federación Galiza Cultura fai un chamamento, un ano máis, á participación na oitava subida ao Pico Sacro, unha homenaxe aberta a todas as persoas que nos queiran acompañar. En 1924 Castelao visita Boqueixón e ascende ao Pico Sacro, dende o cal contempla... ler máis ...
6ª edición do Convivio da Cultura Galega
Published 26 Novembro, 2019 in Galiza Cultura
Xa falta menos para un dos días importantes da nosa cultura, o sábado 13 de xullo celébrase a sexta edición do Convivio da Cultura Galega na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei. Neste convivio participaran ademais das persoas asociadas na Federación de... ler máis ...
Actualización Web: Galiza Cultura
Published 14 Decembro, 2019 in Galiza Cultura
Inauguración da Exposición Nós de Onte a Hoxe: 100 Anos de Historia
Published 1 Decembro, 2019 in Galiza Cultura
Inauguración da Exposición Nós de Onte a Hoxe: 100 Anos de Historia
A Federación Galiza Cultura inaugurará o próximo día 11, mércores, ás 17:30 horas, a Exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, no Museo do Pobo Galego. Galiza Cultura conmemora así o centenario dunha iniciativa singular e decisiva na historia contemporánea da Galiza: o nacemento... ler máis ...
Propaganda galega na Arxentina a prol da II República
Published 9 Decembro, 2019 in A.C AGRA
Propaganda galega na Arxentina a prol da II República
O vindeiro xoves 12 de decembro a Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán (A Coruña) presenta a palestra “Propaganda galega na Arxentina a prol da II República”. A ponente será a Doutora en Ciencias da Información e presidenta da Asociación Cultural... ler máis ...
Curso de berimbao na Coruña
Published 5 Decembro, 2019 in A.C AGRA
Curso de berimbao na Coruña
O 14 de decembro realízase o curso de berimbao impartido por Daniel do Pando na Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán (A Coruña). Curso de berimbao na Coruña O curso terá unha duración de catro horas e impartirase na... ler máis ...
Festival da Trastenda 2019, un grande éxito
Published 20 Xullo, 2019 in A.C. A Trastenda
Grazas a todos e todas por unha noite inesquecíbel. O Festival da Trastenda 2019 foi un éxito. Grazas aos grupos que actuáchedes e destes o mellor de vós para facer gozar ao público, conseguíchedelo. Grazas ao público por acompañarnos e animar a... ler máis ...
Proxectan "O canteiro de Sebil" en Arzúa
Published 4 Marzo, 2020 in A.C. Ánxel Casal
A Capela da Madalena de Arzúa acollerá este 14 de marzo ás 20:00 a proxección de O canteiro de Sebil, e un coloquio posterior sobre o documental de Quinteiro do Umia, organizado pola Asociaciòn Ánxel Casal. O filme trata sobre a figura de... ler máis ...
Recital de Ricardo Seixo
Published 20 Febreiro, 2020 in A.C A Pomba do Arco
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 27 de febreiro a partir das 20:30 h na libraría Bahía de Foz un espectáculo literario musical a cargo de Ricardo Seixo e o grupo Maraxe. O acto consistirá na lectura de poemas do... ler máis ...
O Touporroutou invade Foz
Published 14 Febreiro, 2020 in A.C A Pomba do Arco
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 23 de febreiro a partir das 20:30 h, no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz unha nova edición do Touporroutou. Cartaz do evento O espectáculo responderá ao esquema de anos anteriores... ler máis ...
1 2 3 4 5 6 7 8 9
Placeholder
Placeholder
Placeholder
Placeholder

Actividades

Cantares dos maios
Published 4/18/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 3 Maio, 2024
Indóciles. Luísa Villalta a escena
Published 4/18/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 3 Maio, 2024
Gostamos de vivir a poesía de Emma Pedreira
Published 4/25/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 25 Abril, 2024
Falamos? A felicidade
Published 3/29/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 8 Abril, 2024
Axudádeme a cantar: episodios 4,5 e 6
Published 3/29/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 5 Abril, 2024
Dúo Vaguedades e Mulleres con voz
Published 3/29/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 4 Abril, 2024
A represión franquista das mulleres na comarca de Sarria
Published 3/16/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 21 Marzo, 2024
Gosto de vivir a poesía por unha Palestina Libre
Published 3/6/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 19 Marzo, 2024

BOLETÍN DE NOVAS

Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!

Loading

INSCRIBIDE A VOSA ASOCIACIÓN

Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?

CREA A TUA ASOCIACIÓN

Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste

1 semán

Xa todo apunto nos espazos da Fundación Luís Seoane para inaugurar a exposición "Xaquín Marín, Humor Líquido Galego"O proxecto expositivo, no que levamos traballando desde 2022, acubillará desde mañá ao redor de 150 obras do humorista gráfico Xaquín MarínO propio Xaquín Marín será o encargado de realizar o acto inaugural da mostra que terá lugar ás 19 horas e poderá visitarse até o vindeiro 19 de maioMañá, sábado día 20, ás 19 horas, terá lugar a inauguración da exposición "Xaquín Marín, Humor Líquido Galego" nos espazos da Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, 27) da cidade da Coruña.Este proxecto expositivo, no que levamos traballando desde o ano 2022, é unha coidada selección dos máis de 60 anos de profesión do humorista gráfico, pintor, muralista, caricaturista e artista Xaquín Marín.Será o propio Xaquín Marín quen dea o disparo de saída ao acto, nunha presentación introducida por Silvia Longueira, en representación da Fundación Luís Seoane, e por Xosé Manuel Carril, o presidente da Federación.Esta escolma de imaxes, ao redor de 150 ilustracións e cadros de escolla minuciosa, son un percorrido profesional e vital que nos trasladan directamente á historia colectiva recente da Galiza e amosan o seu compromiso inequívoco co pobo galego ao longo destas décadas. Con todo, e despois das intervención iniciais, está prevista unha visita guiada na que Xaquín Marín irá introducíndonos no seu universo creativo, facendo parada naquelas imaxes e cadros cun maior significado e simbolismo, alén de achegármonos á personaxes como Gaspariño, o Pé, Isolino, o cacique Don Augusto, Lixandre, Tonecho, Caitano ou o Xinete, tan característicos e definitorios e que durante toda a súa carreira tiveron un protagonismo descritivo das realidades e problemáticas sociais galegas.E por isto que a mostra expositiva, ademais de querer ser unha homenaxe a toda esa traxectoria, tamén quere poñer en destaque a súa grande valentía ao longo de todos eses anos ao ser ter convertido, cos seus debuxos, nun altofalante gráfico desas denuncias e desas problemáticas sociais que durante todo este tempo de actividade foron amosadas plenamente a través dos seus cadros: a situación da nosa lingua, a reconversión naval, a explotación laboral, as loitas ecolóxicas, o caciquismo etc. E todas estas retratadas desde a retranca, o humor e a ironía mais sempre con total clareza.Esta inauguración marca, asemade, o comezo da súa itinerancia pois a programación que pretendemos desenvolver inclúe, tras o seu remate na cidade da Coruña, o seu traslado a outras cidades de Galiza ao longo deste ano, tales como Lugo, no Antigo Cárcere, ou Compostela, no Auditorio de Galiza, chegando até o 2025, onde xa se están a programar noutras localizacións, pois o obxectivo da escolma realizada é dar a coñecer, ao máximo posíbel na sociedade galega, a vasta obra do autor, ao cal, precisamente, desde a Federación organizabamos en outubro pasado un grande acto nacional de homenaxe en Ferrol, no que participaron as súas compañeiras e os seus compañeiros de profesión, como recoñecemento a esta longa traxectoria profesional e vital.A actividade está financiada grazas ás axudas do programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Area de Cultura da Deputación da Coruña, e conta coa colaboración do Concello da Coruña.Estreamos na Coruña o proxecto expositivo 'Xaquín Marín, humor líquido galego'Este vindeiro sábado 20 de abril, as 19 horas, na Fundación Luís Seoane da Coruña (rúa San Francisco, 27) faremos a estrea do proxecto expositivo ‘Xaquín Marín, humor líquido galego’ da nosa programación de actividades ao redor da obra do pintor, humorista gráfico, creador de banda deseñada, cartelista, ilustrador e muralista que desenvolvemos baixo o título ‘Xaquín Marín alén das viñetas’.Este proxecto de selección, que permanecerá aberto na cidade herculina até o 19 de maio, e no que vimos traballando desde 2022, consta de aproximadamente 150 obras e é, polo tanto, unha oportunidade única, e nunca vista no seu caso, para ter unha imaxe o máis completa posible do universo de ideas e dos procesos creativos dun artista tan polifacético e singular como é Xaquín Marín.Deste xeito, e grazas un traballo minucioso de selección realizado durante este tempo, cun florilexio único e moi escollido, poderemos (re)descubrir os inicios de Xaquín Marín como pintor social e a posterior evolución na procura dunha arte xenuinamente galega, quizais a parte máis descoñecida polo público de toda a súa carreira.Asemade, esta selección dá a posibilidade de repasar o seu vasto traballo no campo do humor gráfico e da banda deseñada e a súa incansable defensa de Galiza e da lingua galega e o seu fondo compromiso cos intereses das galegas e os galegos asistindo ao nacemento de personaxes ou series xa icónicas como Gaspariño, o Pé, Isolino, o cacique Don Augusto, Lixandre, Tonecho, Caitano ou o Xinete, pois a mostra tenta seguir os pasos do seu inabarcable labor, tamén, como ilustrador, cartelista, portadista, muralista, conferenciante, escritor ou divulgador.Nesta mostra teremos o privilexio de ver algúns proxectos do autor que por uns motivos ou outros acabaron nun caixón e permaneceron até o día de hoxe inacabados e/ou inéditos, amosándose por primeira vez ao público, pequenas primicias que completan ao conxunto da obra xa publicada e coñecida.Con todo, o proxecto expositivo quere ser un percorrido retrospectivo pola obra do artista máis, tamén, un percorrido pola nosa propia memoria colectiva como galegas e galegos que vivimos neste “Impaís”, como el mesmo remarcaba, xa que logo Xaquín Marín é o cronista gráfico da Galiza popular dos últimos 60 anos.Esta inauguración será o disparo de saída a unha itinerancia pois logo esta exposición se ten previsto achegar a máis cidades galegas, xa que o obxectivo da escolma realizada é dar a coñecer, ao máximo posíbel da sociedade galega, a vasta obra do autor, ao cal, precisamente, organizabamos en outubro pasado un grande acto nacional de homenaxe en Ferrol, no que participaron as súas compañeiras e os seus compañeiros de profesión, como recoñecemento a esta longa traxectoria profesional e vital.A actividade está financiada grazas ás axudas do programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Cultura da Deputación da Coruña, e conta coa colaboración do Concello da Coruña. ... Ver MáisVer Menos
Visto no Facebook

2 semanas

Estreamos na Coruña o proxecto expositivo 'Xaquín Marín, humor líquido galego'Este vindeiro sábado 20 de abril, as 19 horas, na Fundación Luís Seoane da Coruña (rúa San Francisco, 27) faremos a estrea do proxecto expositivo ‘Xaquín Marín, humor líquido galego’ da nosa programación de actividades ao redor da obra do pintor, humorista gráfico, creador de banda deseñada, cartelista, ilustrador e muralista que desenvolvemos baixo o título ‘Xaquín Marín alén das viñetas’.Este proxecto de selección, que permanecerá aberto na cidade herculina até o 19 de maio, e no que vimos traballando desde 2022, consta de aproximadamente 150 obras e é, polo tanto, unha oportunidade única, e nunca vista no seu caso, para ter unha imaxe o máis completa posible do universo de ideas e dos procesos creativos dun artista tan polifacético e singular como é Xaquín Marín.Deste xeito, e grazas un traballo minucioso de selección realizado durante este tempo, cun florilexio único e moi escollido, poderemos (re)descubrir os inicios de Xaquín Marín como pintor social e a posterior evolución na procura dunha arte xenuinamente galega, quizais a parte máis descoñecida polo público de toda a súa carreira.Asemade, esta selección dá a posibilidade de repasar o seu vasto traballo no campo do humor gráfico e da banda deseñada e a súa incansable defensa de Galiza e da lingua galega e o seu fondo compromiso cos intereses das galegas e os galegos asistindo ao nacemento de personaxes ou series xa icónicas como Gaspariño, o Pé, Isolino, o cacique Don Augusto, Lixandre, Tonecho, Caitano ou o Xinete, pois a mostra tenta seguir os pasos do seu inabarcable labor, tamén, como ilustrador, cartelista, portadista, muralista, conferenciante, escritor ou divulgador.Nesta mostra teremos o privilexio de ver algúns proxectos do autor que por uns motivos ou outros acabaron nun caixón e permaneceron até o día de hoxe inacabados e/ou inéditos, amosándose por primeira vez ao público, pequenas primicias que completan ao conxunto da obra xa publicada e coñecida.Con todo, o proxecto expositivo quere ser un percorrido retrospectivo pola obra do artista máis, tamén, un percorrido pola nosa propia memoria colectiva como galegas e galegos que vivimos neste “Impaís”, como el mesmo remarcaba, xa que logo Xaquín Marín é o cronista gráfico da Galiza popular dos últimos 60 anos.Esta inauguración será o disparo de saída a unha itinerancia pois logo esta exposición se ten previsto achegar a máis cidades galegas, xa que o obxectivo da escolma realizada é dar a coñecer, ao máximo posíbel da sociedade galega, a vasta obra do autor, ao cal, precisamente, organizabamos en outubro pasado un grande acto nacional de homenaxe en Ferrol, no que participaron as súas compañeiras e os seus compañeiros de profesión, como recoñecemento a esta longa traxectoria profesional e vital.A actividade está financiada grazas ás axudas do programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Cultura da Deputación da Coruña, e conta coa colaboración do Concello da Coruña. ... Ver MáisVer Menos
Visto no Facebook