











Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!
Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?
Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste
100 anos da #RevistaNós, o segundo renacemento da cultura galega http://galizacultura.gal/blog/cen-anos-da-revista-nos/
A causa da pandemia do #COVID19, dende #GalizaCultura suspendemos todos os actos programados até novo aviso
http://galizacultura.gal/blog/anulada-a-programacion-de-galiza-cultura/
4 semanas
2 meses
galizacultura.gal/blog/galiza-cultura-condena-as-declaracions-do-presidente-da-xunta-e-o-conselle... ... Ver MáisVer Menos
galizacultura.gal
Desde a Federación de Asociacións Culturais “Galiza Cultura” queremos expresar a nosa condena polas declaracións do presidente da Xunta e do Conselleiro de Cultura contra o noso idioma. A súa ...2 meses
A Federación Galiza Cultura condena as declaracións do presidente da Xunta e o Conselleiro de cultura contra o galego
Desde a Federación de Asociacións Culturais “Galiza Cultura” queremos expresar a nosa condena polas declaracións do presidente da Xunta e do Conselleiro de Cultura contra o noso idioma. A súa saída na defensa do Español como lingua ameazada polo actual goberno do Estado co fin de prestarse aos intereses partidistas dos seus xefes na capital é un insulto á nosa dignidade como país con lingua de seu, que si realmente está ameazada e prohibida no ensino polo propio goberno autónomo. Por enriba empregan a actual crise sanitaria que tan tráxicas consecuencias está a ter como escusa para arremeter contra un suposto xesto a prol do galego. Botando ao lombo da nosa lingua tamén a culpa dunha epidemia e da falla de recursos e accións eficaces para combatela, algo no que quen isto fai si ten certa responsabilidade.
Se ben é falso que o goberno español lexisle a favor da normalización da nosa lingua o que si é un feito é a actual lexislación do goberno galego prohibindo o seu emprego nas materias científico-técnicas no ensino. Como é as consecuencias na redución de falantes e no aumento do descoñecemento da nosa lingua entre a mocidade. Os datos están aí e son froito da política lingüicida do Sr. Feixoo.
Desde o asociacionismo cultural galego consideramos que un país teña como presidente a un inimigo do seu idioma é mostra de que é un país con ben pouca autoestima e indica o moito traballo que nos queda por facer a todas e todos os que lle queremos para que se queira a si mesmo e se libre de darlle poder a persoas que o odian e o desprezan. ... Ver MáisVer Menos
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.