Proxectan “O canteiro de Sebil” en Arzúa
- Posted by Admin
- On 4 Marzo, 2020
- 0 Comments
- arzúa, canteiro de sebil, coloquio, proxeción
A Capela da Madalena de Arzúa acollerá este 14 de marzo ás 20:00 a proxección de O canteiro de Sebil, e un coloquio posterior sobre o documental de Quinteiro do Umia, organizado pola Asociaciòn Ánxel Casal.
O filme trata sobre a figura de Xoán Xesús González, canteiro, mestre e xornalista asasinado en Boisaca o 12 de setembro de 1936 polos fascistas sublevados no golpe de estado.
No coloquio trataremos a relevancia da Unión Socialista Galega (USG) nos anos trinta do século pasado fundada por Xoán Xesús González e a militancia de Xosé Mª Santos Quintela, sacerdote e dirixente campesiño arzuán.
Participan; César Caramés, Marcos Seixo
Presenta: Celso A. Magariños.