ASOCIACIÓNS

QUÉN SOMOS

A Federación de Asociacións Culturais Galegas, ” Galiza Cultura “, nace en 1982 como unha plataforma de conexión entre as entidades que desenvolven a súa actividade no eido da cultura.

Galiza Cultura apoia e asesora ás asociacións que o precisen, asemade fomentamos a creación de novas asociacións e o coñecemento das actividades que desenvolve o asociacionismo galego.

Dende Galiza Cultura a as asociacións que a conforman, impulsamos o desenvolvemento de actividades abertas, accesibles e diversas que se espallan por todo o País e pola emigración.

Se queres saber máis sobre Galiza Cultura ponte en contacto con nós.