Festival da Trastenda 2019, un grande éxito

Festival da Trastenda 2019, un grande éxito

  • Posted by gzcultura
  • On 20 Xullo, 2019
  • 0 Comments

Grazas a todos e todas por unha noite inesquecíbel. O Festival da Trastenda 2019 foi un éxito. Grazas aos grupos que actuáchedes e destes o mellor de vós para facer gozar ao público, conseguíchedelo. Grazas ao público por acompañarnos e animar a tarde noite.

Grazas moi especiais a Hermo e Rosendo porque foron a peza fundamental para que todo saíra perfecto. Grazas tamén ao Concello, unha grande aperta a Patri Lojo, pola axuda. En definitiva, grazas a todos e todas as que dunha ou doutra maneira axudáchedes a que esta loucura fora posíbel. Xa estamos pensando no edición do 2020 e como mellorar en todas as facetas do festival.

Deixámosvos cun fragmento do que poidemos ver e sentir na noite de onte, neste caso, un anaco da impresionante actuación de Thee Blind Crows.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *