Falamos? A felicidade

Falamos? A felicidade

Falamos? A felicidade

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 29 Marzo, 2024
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, charla, coloquio, felicidade, Fundación Salma, redes, Saúde mental, soidade non desexada

O proxecto Redes organizado pola Fundación Salma, escolleu o noso local veciñal para programar tres charlas: luns 8 de abril, 6 de maio e 3 de xuño, das 18.30 ás 20h, sobre tres temas (un ao mes) de interese xeral. O primeiro tema será a felicidade.

No estado español hai case cinco millóns e medio de persoas que viven soas. Son 28% de todos os fogares, segundo publicou o Instituto Nacional de Estadística (INE) en xaneiro de 2024.

O estudo do Observatorio Estatal de la Soledad No Deseada (SoledadES) conclúe que ata 13,4% dos españois sente soidade non desexada.

Nos últimos años, varios estudos teñen vinculado á soidade enfermedades tan graves como o infarto de miocardio, o ictus, a anxina de peito, a diabetes e tamén a ansiedade e a depresión.

Os obxectivos son:

1.- Crear unha rede de conexión e apoio na comunidade, partindo dunha actividade de “ocio saudábel” baseada na comunicación.

“Falar é unha necesidade, escoitar unha arte” (Goethe)

2.- Xerar un punto de encontro e un tempo de relaxación, coloquio distendido, e diversión. Un espazo en que aprender, compartindo as nosas experiencias e coñecementos coas vivencias doutras persoas, en que todas as voces contan. Unha maneira diferente de abordar o ocio, en que se mesturan divulgación e crecemento persoal nun tempo de autocuidado.

O que procuramos nestas reunións é conectar persoas “creando barrio”, creando comunidade, e facilitando a unión entre veciños, pois son as persoas máis próximas, coas que é máis fácil poder pasar tempo ou ter o seu apoio, e porque participar na comunidade favorece o benestar emocional.

“Estas son as regras da felicidade: algo que facer, algo que amar, algo que esperar” (Kant)

Acompáñanos e participa!!

Esperámoste!

?A actividade é de balde e o grupo ten como máximo 15 persoas

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *