O Touporroutou invade Foz

  • Posted by gzcultura
  • On 14 Febreiro, 2020
  • 0 Comments

A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 23 de febreiro a partir das 20:30 h, no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz unha nova edición do Touporroutou.

Cartaz do evento

O espectáculo responderá ao esquema de anos anteriores e correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro, o grupo de pandeireiteiras da Subela e o grupo de rock focego Os Quentaquis.

Xa fixestes as vosas coplas? Ou fáltavos inspiración? Aínda estades a tempo! Non esquezades deixar as vosas coplas nas caixas situadas no Acuario, Anduriña, Lar, Muelle Bar, Pachán, May Ros, Ribeira, Barrilete, Esquina e Chícaro.