O 11 de novembro do ano 1967 nacía ao abeiro da Lei de Asociacións de 1964. Cincuenta e un anos dunha historia cultural non allea aos tempos que a viron nacer e medrar. Desde Nemesio Barxa Alvarez, primeiro presidente da A.C. Auriense até Davide Paz, o actual, lideraron as diferentes etapas da agrupación Xesús Ferro Couselo, Xosé Lino Vázquez Moxardín, Antón Romasanta Vilarchao, Xosé Lois González Vázquez, Millán Picouto Iglesias, Norberto Taberés e Héitor Real Arregui. Sen esquecer a presidencia honorifica de D. Ramón Otero Pedrayo na primeira etapa.

A recuperación ou participación en festas ou tradicións populares (maios, magostos, entroido, noite de San Xoán…), a aneciada, reivindicada e necesaria normalización lingüística (participación nas campañas do idioma organizadas pola AN-PG, Carreiras polo idioma “360 e cinco días de letras galegas”…), creación e participación en concursos literarios (“Xornadas de narracións infantís”, concurso de poesía “Ramón Cabanillas”…), exposicións, cursos de música e baile ou teatro, xornadas de cinema, concertos, teatro e guiñol.. e tantas outras expresións que ao longo destes anos habitaron nun espazo común: o do compromiso pola dignificación cultural de Galiza.

NOVAS

ACTIVIDADES

26 NOV
A emigración galega a debate no Café Cultural Auriense
12:44 p.m.