Actualización Web: Galiza Cultura
- Posted by Admin
- On 14/12/2019
- 0 Comments
A Federación Galiza Cultura actualiza a súa páxina web, este cambio na imaxe da federación pretende facilitar as entidades, persoas que colaboran con nós e público en xeral, o acceso a información e as actividades que máis vos interesan.
Optamos por um deseño limpo que garante unha boa usabilidade da web, outorgando a cada categoria o espazo que merece.
Tamén as asociacións que forman parte de Galiza Cultura terán cadasúa o seu espazo, coa información básica, como contactalos, as actividades que desenvolven e as súas novas.
Para Galiza Cultura é moi importante que aquelas persoas que queiran achegarse ao mundo do asociacionismo ou crear a súa propia asociación saiban que poden contar coa nosa axuda, por iso dende a nosa web –www.galizacultura.gal– podes dirixirte a nós directamente, ou se o prefires por calquera das nosas vias de contacto.