A Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa, que o 27 de setembro deste ano renovou a súa Xunta Directiva, fundouse o 27 de xaneiro de 2001, dándose a coñecer publicamente o 24 de febreiro de 2001 coa recuperación do Entroido na comarca de Arzúa. Do 2002 ao 2008 organizáronse as Xornadas do Pan en diferentes parroquias de Arzúa. Do 2001 ao 2004 a Semana da Maxia e Teatro. Do 2001 ao 2005 As Xornadas dos Cogomelos. A Aula de Teatro Infantil estivo activa do 2001 ata o 2004.

Os seus fins son a difusión e promoción da figura de Ánxel Casal e a súa dona María Miramontes, a promoción, organización e xestión de actos e actividades que incidan no desenvolvemento económico sustentábel, social e cultural de Arzúa así como na promoción da memória histórica.

NOVAS

ACTIVIDADES

4 Mar
Proxectan “O canteiro de Sebil” en Arzúa
11:12 a.m.