Dúo Vaguedades e Mulleres con voz

Dúo Vaguedades e Mulleres con voz

Dúo Vaguedades e Mulleres con voz

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 29 Marzo, 2024
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Centro sociocultural Ágora, Concello da Coruña, Culturactiva, Dúo Vaguedades, Eduardo Pondal, Fran Rei, IES Agra do Orzán, Isabel Risco, Luísa Villalta, Mulleres con voz, Rosalía de Castro

Unha nova edición do festival Con voz de primavera convídanos a coñecer o Dúo Vaguedades e Mulleres con voz.

En Dúo Vaguedades, Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, nunha iniciativa que dá un salto do audiovisual ao escenario e que mestura teatro, humor e música. Na liña habitual desta parella de humoristas, este espectáculo propón unha revisión cómica dunha parte fundamental da nosa cultura, da nosa lingua, do noso xeito de ser e da nosa relación co resto do universo.

Isto é descoñecido para a meirande parte da poboación, pero Rosalía e Pondal conformaron o primeiro grupo de techno de Galicia. Dúo Vaguedades recupera os seus grandes hits.

Dúo Vaguedades, produción de Artefeito S. Coop. Galega e Maquinaria Pesada, é un espectáculo que se achega, en clave de humor, a diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, ao valor da nosa lingua, á riqueza patrimonial e cultural propias de Galicia e ás características que mellor nos definen. Por outra banda, e sempre sen perder o ton cómico da proposta, procura pór en valor algúns dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio histórico e cultural. En definitiva, teatro, música e humor para reivindicármonos.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Fran Rei e Isabel Risco

Elenco: Isabel Risco e Fran Rei

Música orixinal: Jerry Noia

Vestiario e atrezzo: Isabel Risco

Fotografía e deseño cartel: Jerry Noia Deseño

Fondo escenografía: Rocío Cibes

Responsable técnico: Abrahán Sande

Produción: Artefeito S. Coop. Galega e Maquinaria Pesada

Pola súa banda, o espectáculo Mulleres con voz, do alumnado do IES Agra, ofrecerá unha visión sobre diversas mulleres relevantes da historia da Coruña: comezando por María Pita e rematando por Luísa Villalta.

Todas as actividades de “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Duración: 90 minutos

A quen vai dirixido: público en xeral

Cando: xoves 04/04/2024 ás 18:30 h.

Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo: de balde

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto: agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *