Propaganda galega na Arxentina a prol da II República
- Posted by Admin
- On 9 Decembro, 2019
- 0 Comments
O vindeiro xoves 12 de decembro a Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán (A Coruña) presenta a palestra “Propaganda galega na Arxentina a prol da II República”.
A ponente será a Doutora en Ciencias da Información e presidenta da Asociación Cultural O Galo, Maria Antonia Pérez Rodríguez, nunha palestra que se enmarca dentro da exposición de Luis Seoane.
O acto comeza ás 19:30 na sede da asociación: rúa Entrepenas 38, soto, A Coruña.
