ASOCIACIÓNS
Subida ó Pico Sacro

Subida ó Pico Sacro

  • Posted by Admin
  • On 08/07/2019
  • 0 Comments

A Federación Galiza Cultura fai un chamamento, un ano máis, á participación na oitava subida ao Pico Sacro, unha homenaxe aberta a todas as persoas que nos queiran acompañar.

En 1924 Castelao visita Boqueixón e ascende ao Pico Sacro, dende o cal contempla a Galiza central e o curso do Ulla. Xa exiliado na Arxentina, volve a el simbólicamente mentres escribe o Alba de Groria.

Cartaz do evento

No 2011, o se cumplir o seu 125 aniversario, a A.C. O Galo e a A.C. Vagalumes, da man da Federación Galiza Cultura quixérono conmemorar cunha subida ao Pico Sacro no sábado anterior ao Dia da Patria, lendo no seu cumio ese mesmo discurso.

Coa subida deste 20 de xullo celebramos xa a 8 edición desta homenaxe aberta ás persoas e entidades que queiran asistir, xunto á asociación convidada este ano, a A.C. Alexandre Bóveda da Coruña. O punto de encontro é na antiga fonte do Pico Sacro ás 12 da mañá, amenizado polas integrantes do taller de declamación da Asociación Veciñal Agra do Orzán da Coruña e coa benvida da escritora galega Marta Dacosta.

Despois do Ascenso e a leitura do Alba de Groria, haberá unha visita ás covas da raiña Lupa. O programa tamén inclúe ao remate do xantar un roteiro pólo mosteiro medieval de Camanzo, fundado no s. X, e pólo poboado mineiro de Fontao, en Vila de Cruces.

PROGRAMA

Mañá: LECTURA DO ALBA DE GRORIA E SUBIDA AO PICO SACRO

12.00h. Concentración onde estaba a fonte do Pico Sacro. Recitado de poemas por parte do taller de declamación da AVC. Agra do Orzán da Coruña.
12:20h. A escritora Marta Dacosta daranos a benvida. De seguido, subida do último treito do cumio do Pico Sacro.
13:00h. Izado da bandeira e lectura de Alba de Groria a cargo de soci@s da AC. O Galo de Santiago, da AC. Vagalumes da Estrada e da asociación cultural invitada; este ano é a AC. Alexandre Bóveda da Coruña. Baixada con parada nas covas da raíña Lupa, para visitalas baixo a guía da poeta Iolanda Aldrei.

Tarde: XANTAR E ROTEIRO POLA ULLA
14:15h: Xantar no restaurante “O Peixeiro”, situado en San Miguel de Castro. Na sobremesa actuará o grupo Maraxe.
16:30h. Saída do restaurante e comezo do roteiro
17h: Visita guiada por Iolanda Aldrei ao pequeno mosteiro medieval de Camanzo, que, ademais, conserva no seu interior algunhas pinturas do s. XVI.
18:15h: Visita guiada ao poboado mineiro de Fontao. As explicacións correrán a cargo do director do museo da minería do wolframio alí instalado, museo que tamén veremos ao igual que o cine e a igrexa do poboado.

Xantar
Menú nº 1, xeral
1º) Entrantes: queixo, croquetas, embutido e empanada
2º) A escoller un, entre os dous pratos seguintes:
Carne asada con patacas estofadas e ensalada ou Churrasco mixto con patacas fritidas e ensalada.
Sobremesa: xeado e café
Pan, viño de Barrantes, do país ou Ribeiro, auga e refrescos

Menú nº 2, vexetariano
1º) Parrillada de verduras: pementos verdes e vermellos, espárragos, cenoura e tomate
2º) Arroz con cogumelos
Sobremesa: xeado e café + Pan, viño de Barrantes, do país ou Ribeiro, auga e refrescos

Menú nº 3, para nen@s de entre 4 e 12 anos
1º) Lulas fritidas
2º) Milanesa con patacas
Sobremesa: xeado + Pan, auga, refrescos
Canto se consuma fóra dos menús indicados, pagarase a maiores do ingresado no banco.