ASOCIACIÓNS

6ª edición do Convivio da Cultura Galega

  • Posted by Admin
  • On 26/11/2019
  • 0 Comments

Xa falta menos para un dos días importantes da nosa cultura, o sábado 13 de xullo celébrase a sexta edición do Convivio da Cultura Galega na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei.

Neste convivio participaran ademais das persoas asociadas na Federación de Asociación Culturais Galega “Galiza Cultura”, aquelas entidades que así o desexen.

A xornada comezará ás 11:30, coa acollida das participantes na horta da Casa-Museo Manuel María, ao son da música do coro da Asociación Cultura e Musical Solfa.Pouco despois comeza a reunión de entidades da Federación Galiza Cultura no auditorio da Casa-Museo, para definir las liñas programáticas do vindeiro ano.

En paralelo, o resto de participantes fará unha ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro coa intervención do arqueólogo galego Felipe Senén, antes do concerto na carballeira de Santa Isabel da Banda Municipal de Música “Sons e soños” de Rábade-Begonte-Outeiro.

O convivio pecharase coa foliada despois do xantar a cargo de distintos grupos tradicionais.