Presentación de Personaxes da Galiza medieval
- Posted by gzcultura
- On 8 Febreiro, 2023
- 0 Comments
A Agrupación Cultural O Galo convídate á presentación de Personaxes da Galiza medieval, un novo libro que acaba de editar e que versa sobre dez grandes figuras da nosa historia que viviron entre os séculos X e XIII. Os seus autores son:
Introdución: Doutor Francisco Rodríguez Sánchez, docente xubilado.
Ildara e Rosendo: Manuel Carriedo Tejedo, docente xubilado.
Cresconio e Diego Pélaez: Doutor Xosé Miguel Andrade Cernadas, profesor de historia medieval na USC.
Xelmírez e Pedro Fróilaz: Doutor Xosé Manuel Sánchez Sánchez, profesor de historia medieval na USC.
Estevo Fernández de Castro, Fernán Ruiz de Castro: Héitor Picallo Fontes, enxeñeiro técnico naval.
Pedro Soarez de Deza e Pedro Muñiz: Doutor Francisco Rodríguez Sánchez, docente xubilado.
Cant@s soci@s acudades á presentación recibiredes dous exemplares da publicación e ás tres persoas acompañantes (máximo) que poden vir con cada un de vós tamén recibirán como oferta outro exemplar. Debedes anotarvos en comunicacion@ogalo.com antes do venres 10 de febreiro de 2023, ás 16:00 horas, sinalando nome e dous apelidos de todos os asistentes.
Intervirán: Xurxo Couto Rodríguez (deputado de Cultura da Deputación da Coruña), Xosé Luís Penas Corral (deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña), Daniel Lorenzo Santos (director da Fundación Catedral de Santiago), Francisco Rodríguez Sánchez (autor), Xosé Manuel Sánchez Sánchez (autor), Pilar Lueiro García e Manuel César Vila en representación da xunta directiva da Agrupación Cultural O Galo.
0 Comments