Curso de berimbao na Coruña
- Posted by Admin
- On 5 Decembro, 2019
- 0 Comments
O 14 de decembro realízase o curso de berimbao impartido por Daniel do Pando na Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán (A Coruña).
O curso terá unha duración de catro horas e impartirase na sede da asociación, na rúa Entrepenas 38, soto, cunha limitación de 20 prazas.
O custo desta aula é de 20 euros, e o limite para inscribirse é o 7 de decembro, quen teña interese em asistir ten que enviar un correo indicando os seus datos persoais e telefono a cardete@hotmail.com.