Gosto de vivir a poesía por unha Palestina Libre

Gosto de vivir a poesía por unha Palestina Libre

Gosto de vivir a poesía por unha Palestina Libre

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 6 Marzo, 2024
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, BDS, Fundación Agraguaney, Gosto de vivir a poesía, Intifada, Memoria democrática, Palestina

Sahar Shatat,  lingüista, profesora de árabe e activista de BDS e de SUGxPalestina, introducirá este acto cunha breve descrición sobre o exterminio do pobo palestino a mans do goberno xenocida de Israel, patrocinado polos USA e a Unión Europea.

Participantes do club de lectura veciñal, Gosto de vivir a poesía, farán unha lectura pública de poemas do libro “Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina” reeditado pola Fundación Araguaney en 2003.

Este volume é unha reedición ampliada do libro co mesmo título que se publicase no 1989, durante a primeira Intifada. Naquela ocasión 32 poetas galegos participaron na elaboración do libro. Entre eles, e só por citar a algúns, estaban Manuel María, Uxío Novoneyra, X.L., Méndez Ferrín, Luís González Tosar, Pilar Pallarés, Bernardino Graña, Xela Arias, Xavier Rodríguez Baixeras, Lino Braxe, Mª do Carme Kruckenberg, Manuel Forcadela e Miguel Anxo Fernán Vello.

Para estoutra edición do libro solicitáronse máis colaboracións polo que o volume converteuse nunha colección de 58 poemas solidarios co Pobo Palestino. Yolanda Castaño, Alfonso Pexegueiro, Eva Veiga, Chus Pato, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Marilar Aleixadre, Miro Villar, Úrsula Heinze, Fermín Bouza e Salvador García Bodaño, son algúns dos autores que participaron na segunda edición desta solidaria antoloxía poética.

Nestas páxinas describíronse visións que da realidade palestina estes poetas teñen e senten. Atopamos poemas de amor, de sufrimento, de crueldade, de malos tratos. Son pedras poéticas lanzadas desde Galiza para defender ao Pobo Palestino.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *