Debate sobre o modelo de financiamento

  • Publicado por gzcultura
  • En 6 Marzo, 2020
  • 0 Comentarios

O vindeiro xoves 12 de marzo a A.C. O Galo organiza un debate sobre o modelo de financiamento das Comunidades Autónomas no Salón de Actos da Faculdade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a partir das 18:00 horas.

Cartaz do evento

No debate participarán Aitor Esteban (Portavoz do PNV no Congreso) e Ana Pontón (Portavoz Nacional do BNG), centrándose no caso concreto do modelo de Concerto Económico do que dispoñen en Euskal Herria.

O voceiro do PNV é doutor en Dereito, profesor da Faculdade de Dereito e da Faculdade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Deusto; mentres que a voceira do BNG é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, deputada no Parlamento Galego, é actualmente a Portavoz Nacional do BNG e candidata a Presidenta da Xunta de Galicia polo BNG.

 

0 Comentarios

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *