A Asociación Cultural-Musical Solfa fundouse no ano 97 e, desde esa data, centrou o seu traballo na formación musical. Como froito do traballo destes anos, naceu a Agrupación de Música de Solfa, a agrupación Coral e un grupo de pandereteiras. Neste curso impartiremos clases baile tradicional.

A necesidade de coñecer todo o que nos fai sermos galegos e galegas, a importancia de reforzar a nosa autoestima como pobo e o traballo a prol da cultural e música galega fixo que hoxe teñamos un repertorio de máis de 100 obras, nas que se dan cita poemas de Rosalía de Castro, Castelao, Curros, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María… e como non, a nosa música popular máis, tamén, música portuguesa e brasileira.

NOVAS

ACTIVIDADES

10 OUT
Visita guiada á mostra “13 Estampas da Traizón”
12:16 p.m.