ASOCIACIÓNS

Novas

María Miramontes en Compostela
Published 10 Febreiro, 2020 in A.C AGRA
A Asociación Veciñal Agra organiza coa colaboración da Casa de Rosalía, Os Quinquilláns e o Concello de Padrón unha homenaxe a María Miramontes o vindeiro 15 de febreiro en Compostela. A homenaxe comezará cunha visita guiada por Encarna Otero polas rúas de Compostela... ler máis ...
A Pomba do Arco organiza unha excursión a Compostela
Published 4 Marzo, 2020 in A.C A Pomba do Arco
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 22 de marzo una excursión a Santiago de Compostela co seguinte programa: 1º)Visita a exposición Galiza, un relato no mundo A exposición Galiza, un relato no mundo instalada na Cidade da Cultura recolle máis... ler máis ...
Debate: O barrio como realidade social
Published 4 Febreiro, 2020 in A.C AGRA
O vindeiro 11 de febreiro ás 20:00 a Asociación Veciñal Agra organiza un Parladoiro, un debate aberto que nesta ocasión leva como tema Os movementos sociais, o barrio como realidade social. Cartaz do evento O debate estará coordinado por Moncho Branco, con información de... ler máis ...
Visita guiada a exposición sobre Nós na Coruña
Published 6 Febreiro, 2020 in A.C AGRA
O vindeiro 13 de febreiro a Asociación Veciñal Agra organiza unha visita guiada a exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, durante a súa estadía na Coruña. Cartaz do evento A visita comeza ás 19:30 na sala municipal de exposicións Salvador... ler máis ...
Festival da Trastenda 2019
Published 17 Xullo, 2019 in A.C. A Trastenda
Aquí tedes o cartaz do Festival da Trastenda 2019. Un pequeno paso adiante na breve historia do noso festival. Este ano teremos como sempre grupos da comarca, The Fender´s Leña da Pobra que están a dar os seus primeiros pasos, os bos... ler máis ...
AC-CS A Trastenda edita o primeiro disco de "Os Bar Ban Sónicos"
Published 26 Outubro, 2020 in A.C. A Trastenda
A A.C.C.S. A Trastenda metímonos a novas aventuras de apoio á cultura feita no noso concello, sempre co corazón e a cabeza na Galiza, e fixemos de editora para que Os Bar Ban Sónicos, a nosa banda da casa, sacaran o... ler máis ...
Debate no "Parladoiro"
Published 26 Febreiro, 2020 in A.C AGRA
Os segundos martes de cada mes dende a A.V.C.D.R. do barrio da Agra do Orzán organizamos o Parladoiro, un debate aberto no que tratamos distintas temáticas a proposta das socias. En xaneiro debatemos sobre os nacionalismo e a súa vixencia, mentres que en... ler máis ...
"Doutora, teño reuma"
Published 14 Febreiro, 2020 in A.C AGRA
Cartaz do evento A doutora de Reumatoloxía do CHUAC Mercedes Freire González, impartirá este martes 18 de febreiro unha palestra organizada pola Asociación Veciñal Agra. A palestra comezará ás 20:30 na rúa Entrepenas 38, soto, da Coruña, local da Asociación Veciñal Agra. ler máis ...
Publicado novo vídeo de "Os Bar Ban Sónicos"
Published 29 Outubro, 2020 in A.C. A Trastenda
Onte publicouse na súa canle de You Tube o novo video de Os Bar Ban Sónicos "Queres saber" da canción que fai parte do EP "Alimentando o nervio" editado pola nosa asociación. O vídeo foi gravado no propio Centro Social... ler máis ...
Presentación de "Lúa en Ningures"
Published 13 Febreiro, 2020 in A.C AGRA
Cartaz do evento A escritora Beatriz Maceda presenta o seu libro Lúa en Ningures, con ilustracións de Laura Veleiro, o 20 de febreiro ás 20:30 no local da Asociación Veciñal Agra, na rúa Entrepenas 38, soto, da Coruña. Na presentación organizada pola entidade veciñal... ler máis ...
Novo vídeo de "Os Bar Ban Sónicos"
Published 11 Decembro, 2020 in A.C. A Trastenda
Os Bar Ban Sónicos, a banda formada na asociación, acaban de publicar o vídeo da última das cancións do seu EP "Alimentando o nervio", que como xa sabedes axudamos a editar desde a Asociación A Trastenda. Tratase da canción "A Bruxa" a... ler máis ...
Galiza Nación, un pobo con dereitos
Published 15 Decembro, 2020 in A.C. A Trastenda
Este venres ás 20h no salón de actos do museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal desenvolverase un interesante acto organizado pola Plataforma Vía Galega, da que formamos parte, dentro da campaña "Galiza nación. Un pobo con dereitos". O... ler máis ...
1 2 3 4 5 6 7 8 9
Placeholder
Placeholder
Placeholder
Placeholder

Actividades

Cantares dos maios
Published 4/18/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 3 Maio, 2024
Indóciles. Luísa Villalta a escena
Published 4/18/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 3 Maio, 2024
Gostamos de vivir a poesía de Emma Pedreira
Published 4/25/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 25 Abril, 2024
Falamos? A felicidade
Published 3/29/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 8 Abril, 2024
Axudádeme a cantar: episodios 4,5 e 6
Published 3/29/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 5 Abril, 2024
Dúo Vaguedades e Mulleres con voz
Published 3/29/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 4 Abril, 2024
A represión franquista das mulleres na comarca de Sarria
Published 3/16/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 21 Marzo, 2024
Gosto de vivir a poesía por unha Palestina Libre
Published 3/6/2024 in A.C AGRA
8/23/1970
Data da Actividade: 19 Marzo, 2024

BOLETÍN DE NOVAS

Queres estar ó dia das actividades desenvolta pola Federación Galiza Cultura e os colectivos que a forman?
Suscríbete de balde ás nosas novas!

Loading

INSCRIBIDE A VOSA ASOCIACIÓN

Participas nunha asociación e queredes formar parte de Galiza Cultura?

CREA A TUA ASOCIACIÓN

Queres crear unha asociación e non sabes como?
Contáctanos e axudámoste

1 semán

Xa todo apunto nos espazos da Fundación Luís Seoane para inaugurar a exposición "Xaquín Marín, Humor Líquido Galego"O proxecto expositivo, no que levamos traballando desde 2022, acubillará desde mañá ao redor de 150 obras do humorista gráfico Xaquín MarínO propio Xaquín Marín será o encargado de realizar o acto inaugural da mostra que terá lugar ás 19 horas e poderá visitarse até o vindeiro 19 de maioMañá, sábado día 20, ás 19 horas, terá lugar a inauguración da exposición "Xaquín Marín, Humor Líquido Galego" nos espazos da Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, 27) da cidade da Coruña.Este proxecto expositivo, no que levamos traballando desde o ano 2022, é unha coidada selección dos máis de 60 anos de profesión do humorista gráfico, pintor, muralista, caricaturista e artista Xaquín Marín.Será o propio Xaquín Marín quen dea o disparo de saída ao acto, nunha presentación introducida por Silvia Longueira, en representación da Fundación Luís Seoane, e por Xosé Manuel Carril, o presidente da Federación.Esta escolma de imaxes, ao redor de 150 ilustracións e cadros de escolla minuciosa, son un percorrido profesional e vital que nos trasladan directamente á historia colectiva recente da Galiza e amosan o seu compromiso inequívoco co pobo galego ao longo destas décadas. Con todo, e despois das intervención iniciais, está prevista unha visita guiada na que Xaquín Marín irá introducíndonos no seu universo creativo, facendo parada naquelas imaxes e cadros cun maior significado e simbolismo, alén de achegármonos á personaxes como Gaspariño, o Pé, Isolino, o cacique Don Augusto, Lixandre, Tonecho, Caitano ou o Xinete, tan característicos e definitorios e que durante toda a súa carreira tiveron un protagonismo descritivo das realidades e problemáticas sociais galegas.E por isto que a mostra expositiva, ademais de querer ser unha homenaxe a toda esa traxectoria, tamén quere poñer en destaque a súa grande valentía ao longo de todos eses anos ao ser ter convertido, cos seus debuxos, nun altofalante gráfico desas denuncias e desas problemáticas sociais que durante todo este tempo de actividade foron amosadas plenamente a través dos seus cadros: a situación da nosa lingua, a reconversión naval, a explotación laboral, as loitas ecolóxicas, o caciquismo etc. E todas estas retratadas desde a retranca, o humor e a ironía mais sempre con total clareza.Esta inauguración marca, asemade, o comezo da súa itinerancia pois a programación que pretendemos desenvolver inclúe, tras o seu remate na cidade da Coruña, o seu traslado a outras cidades de Galiza ao longo deste ano, tales como Lugo, no Antigo Cárcere, ou Compostela, no Auditorio de Galiza, chegando até o 2025, onde xa se están a programar noutras localizacións, pois o obxectivo da escolma realizada é dar a coñecer, ao máximo posíbel na sociedade galega, a vasta obra do autor, ao cal, precisamente, desde a Federación organizabamos en outubro pasado un grande acto nacional de homenaxe en Ferrol, no que participaron as súas compañeiras e os seus compañeiros de profesión, como recoñecemento a esta longa traxectoria profesional e vital.A actividade está financiada grazas ás axudas do programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Area de Cultura da Deputación da Coruña, e conta coa colaboración do Concello da Coruña.Estreamos na Coruña o proxecto expositivo 'Xaquín Marín, humor líquido galego'Este vindeiro sábado 20 de abril, as 19 horas, na Fundación Luís Seoane da Coruña (rúa San Francisco, 27) faremos a estrea do proxecto expositivo ‘Xaquín Marín, humor líquido galego’ da nosa programación de actividades ao redor da obra do pintor, humorista gráfico, creador de banda deseñada, cartelista, ilustrador e muralista que desenvolvemos baixo o título ‘Xaquín Marín alén das viñetas’.Este proxecto de selección, que permanecerá aberto na cidade herculina até o 19 de maio, e no que vimos traballando desde 2022, consta de aproximadamente 150 obras e é, polo tanto, unha oportunidade única, e nunca vista no seu caso, para ter unha imaxe o máis completa posible do universo de ideas e dos procesos creativos dun artista tan polifacético e singular como é Xaquín Marín.Deste xeito, e grazas un traballo minucioso de selección realizado durante este tempo, cun florilexio único e moi escollido, poderemos (re)descubrir os inicios de Xaquín Marín como pintor social e a posterior evolución na procura dunha arte xenuinamente galega, quizais a parte máis descoñecida polo público de toda a súa carreira.Asemade, esta selección dá a posibilidade de repasar o seu vasto traballo no campo do humor gráfico e da banda deseñada e a súa incansable defensa de Galiza e da lingua galega e o seu fondo compromiso cos intereses das galegas e os galegos asistindo ao nacemento de personaxes ou series xa icónicas como Gaspariño, o Pé, Isolino, o cacique Don Augusto, Lixandre, Tonecho, Caitano ou o Xinete, pois a mostra tenta seguir os pasos do seu inabarcable labor, tamén, como ilustrador, cartelista, portadista, muralista, conferenciante, escritor ou divulgador.Nesta mostra teremos o privilexio de ver algúns proxectos do autor que por uns motivos ou outros acabaron nun caixón e permaneceron até o día de hoxe inacabados e/ou inéditos, amosándose por primeira vez ao público, pequenas primicias que completan ao conxunto da obra xa publicada e coñecida.Con todo, o proxecto expositivo quere ser un percorrido retrospectivo pola obra do artista máis, tamén, un percorrido pola nosa propia memoria colectiva como galegas e galegos que vivimos neste “Impaís”, como el mesmo remarcaba, xa que logo Xaquín Marín é o cronista gráfico da Galiza popular dos últimos 60 anos.Esta inauguración será o disparo de saída a unha itinerancia pois logo esta exposición se ten previsto achegar a máis cidades galegas, xa que o obxectivo da escolma realizada é dar a coñecer, ao máximo posíbel da sociedade galega, a vasta obra do autor, ao cal, precisamente, organizabamos en outubro pasado un grande acto nacional de homenaxe en Ferrol, no que participaron as súas compañeiras e os seus compañeiros de profesión, como recoñecemento a esta longa traxectoria profesional e vital.A actividade está financiada grazas ás axudas do programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Cultura da Deputación da Coruña, e conta coa colaboración do Concello da Coruña. ... Ver MáisVer Menos
Visto no Facebook

2 semanas

Estreamos na Coruña o proxecto expositivo 'Xaquín Marín, humor líquido galego'Este vindeiro sábado 20 de abril, as 19 horas, na Fundación Luís Seoane da Coruña (rúa San Francisco, 27) faremos a estrea do proxecto expositivo ‘Xaquín Marín, humor líquido galego’ da nosa programación de actividades ao redor da obra do pintor, humorista gráfico, creador de banda deseñada, cartelista, ilustrador e muralista que desenvolvemos baixo o título ‘Xaquín Marín alén das viñetas’.Este proxecto de selección, que permanecerá aberto na cidade herculina até o 19 de maio, e no que vimos traballando desde 2022, consta de aproximadamente 150 obras e é, polo tanto, unha oportunidade única, e nunca vista no seu caso, para ter unha imaxe o máis completa posible do universo de ideas e dos procesos creativos dun artista tan polifacético e singular como é Xaquín Marín.Deste xeito, e grazas un traballo minucioso de selección realizado durante este tempo, cun florilexio único e moi escollido, poderemos (re)descubrir os inicios de Xaquín Marín como pintor social e a posterior evolución na procura dunha arte xenuinamente galega, quizais a parte máis descoñecida polo público de toda a súa carreira.Asemade, esta selección dá a posibilidade de repasar o seu vasto traballo no campo do humor gráfico e da banda deseñada e a súa incansable defensa de Galiza e da lingua galega e o seu fondo compromiso cos intereses das galegas e os galegos asistindo ao nacemento de personaxes ou series xa icónicas como Gaspariño, o Pé, Isolino, o cacique Don Augusto, Lixandre, Tonecho, Caitano ou o Xinete, pois a mostra tenta seguir os pasos do seu inabarcable labor, tamén, como ilustrador, cartelista, portadista, muralista, conferenciante, escritor ou divulgador.Nesta mostra teremos o privilexio de ver algúns proxectos do autor que por uns motivos ou outros acabaron nun caixón e permaneceron até o día de hoxe inacabados e/ou inéditos, amosándose por primeira vez ao público, pequenas primicias que completan ao conxunto da obra xa publicada e coñecida.Con todo, o proxecto expositivo quere ser un percorrido retrospectivo pola obra do artista máis, tamén, un percorrido pola nosa propia memoria colectiva como galegas e galegos que vivimos neste “Impaís”, como el mesmo remarcaba, xa que logo Xaquín Marín é o cronista gráfico da Galiza popular dos últimos 60 anos.Esta inauguración será o disparo de saída a unha itinerancia pois logo esta exposición se ten previsto achegar a máis cidades galegas, xa que o obxectivo da escolma realizada é dar a coñecer, ao máximo posíbel da sociedade galega, a vasta obra do autor, ao cal, precisamente, organizabamos en outubro pasado un grande acto nacional de homenaxe en Ferrol, no que participaron as súas compañeiras e os seus compañeiros de profesión, como recoñecemento a esta longa traxectoria profesional e vital.A actividade está financiada grazas ás axudas do programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Cultura da Deputación da Coruña, e conta coa colaboración do Concello da Coruña. ... Ver MáisVer Menos
Visto no Facebook