A Pomba do Arco organiza unha excursión a Compostela

A Pomba do Arco organiza unha excursión a Compostela

  • Posted by gzcultura
  • On 4 Marzo, 2020
  • 0 Comments

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 22 de marzo una excursión a Santiago de Compostela co seguinte programa:

1º)Visita a exposición Galiza, un relato no mundo

A exposición Galiza, un relato no mundo instalada na Cidade da Cultura recolle máis de 300 pezas sobre o noso país, procedentes de diversos partes do mundo, a maioría das cales nunca foran expostas na Galiza.

A visita á exposición estará guiada por Manuel Gago, comisario da mesma.

2º)Visita ao Pórtico da Gloria

As obras de restauración do Pórtico da Gloria fixeron aflorar unhas impresionantes pinturas que mudaron absolutamente a fisonomía do espazo

A visita estará guiada por un membro do servizo de guías da Catedral de Compostela.

3º)Visita ao museo da Catedral e ao Panteón Real

A Catedral de Santiago conta cun relevante que atesoura pezas de grande interese. A continuación acudiremos ao coñecido como Panteón Real, unha estancia no interior da Catedral onde se atopan enterrados diversos reis e raíñas galegas.

O número de prazas para esta viaxe está limitada, como consecuencia das limitacións de aceso aos locais de visita, polo que pregamos a aqueles que queiran a acudir que o fagan coa máxima urxencia, xa que a esta altura están cuberta a metade das prazas. O custo da excursión é de 35 euros para socios e socias e 38 euros para o resto dos asistentes, inclue autobus, xantar e as diversas entradas .

Se queredes apuntarvos chamade ao 608-555-010. Iremos inscribindo por rigorosa orde de anotación.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *