Debate: O barrio como realidade social
- Posted by gzcultura
- On 4 Febreiro, 2020
- 0 Comments
- agra, coruña, debate, parladoiro
O vindeiro 11 de febreiro ás 20:00 a Asociación Veciñal Agra organiza un Parladoiro, un debate aberto que nesta ocasión leva como tema Os movementos sociais, o barrio como realidade social.

O debate estará coordinado por Moncho Branco, con información de Carmen Armada Martínez, María Luísa Pollán Molina e Ricardo Seixo Fernández.
A participación é aberta a calquera persoa que asista ao local da asociación, na rúa Entrepenas 38, soto, da Coruña.
0 Comments