Festival da Trastenda 2019
- Posted by atrastenda1
- On 17 Xullo, 2019
- 0 Comments
Aquí tedes o cartaz do Festival da Trastenda 2019. Un pequeno paso adiante na breve historia do noso festival. Este ano teremos como sempre grupos da comarca, The Fender´s Leña da Pobra que están a dar os seus primeiros pasos, os bos amigos de Espazo en Branco de Ribeira, o grupo da casa Os Bar Ban Sónicos, e nesta segunda edición contaremos coa presenza de dous grupos de referencia galegos: The Lelli Kelly’s co seu rock and roll hipervitaminado e que acaban de rematar a gravación do que será o seu primeiro disco e Thee Blind Crows unha das formacións máis en forma da nosa escena é que está a arrasar por todo canto festival pasan coa sua brutal mestura de blues e punk. Xa sabedes, será o sábado 13 de xullo a partir das 9 da noite nas pistas deportivas do Lapido. Completamente de balde. Teremos bebidas a prezos populares, pero de verdade, e algo para botarlle á boca por se a fame apreta. Queremos agradecer a Armando Carril polo macanudo deseño de cartaz e ao concello pola súa colaboración imprescindíbel. Aló imos!!! Rock and Roll!!!
0 Comments