Debate no “Parladoiro”
- Posted by gzcultura
- On 26 Febreiro, 2020
- 0 Comments
- agra, coruña, debate, parladoiro
Os segundos martes de cada mes dende a A.V.C.D.R. do barrio da Agra do Orzán organizamos o Parladoiro, un debate aberto no que tratamos distintas temáticas a proposta das socias.
En xaneiro debatemos sobre os nacionalismo e a súa vixencia, mentres que en febreiro o debate versou sobre os movementos sociais.
O 10 de marzo encetamos o terceiro Parladoiro deste 2020, no que falaremos sobre internet e os vídeoxogos; o 14 de abril é a quenda das enerxías alternativas, e para pechar o primeiro semestro do ano debatiremos sobre a exclusión social e as carencias das mulleres na sociedade.
0 Comments