Visita guiada a exposición sobre Nós na Coruña
- Posted by gzcultura
- On 6 Febreiro, 2020
- 0 Comments
- agra, coruña, exposición, nos, visita
O vindeiro 13 de febreiro a Asociación Veciñal Agra organiza unha visita guiada a exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, durante a súa estadía na Coruña.

A visita comeza ás 19:30 na sala municipal de exposicións Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga 10) e estará a cargo de Pilar García Negro, que forma parte da comisión organizadora da exposición.
A exposición podera visitarse na sala de exposicións municipais nas vindeiras dúas semanas, antes de desprazarse até Lugo.
0 Comments