Galiza Nación, un pobo con dereitos

Galiza Nación, un pobo con dereitos

Galiza Nación, un pobo con dereitos

  • Posted by atrastenda1
  • On 15 Decembro, 2020
  • 0 Comments

Este venres ás 20h no salón de actos do museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal desenvolverase un interesante acto organizado pola Plataforma Vía Galega, da que formamos parte, dentro da campaña “Galiza nación. Un pobo con dereitos”.

O acto está organizado polo noso grupo de socios e socias vinculados ao campo do pensamento e o debate social e nel participará o no so presidente Xosé Manuel Casal, a activista dos dereitos e liberdades Elvira Souto e o presidente da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela.

O obxectivo desta campaña, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, consiste en que se asuma con naturalidade e consciencia a realidade obxectiva de que Galiza é unha nación, con vontade de existir e de exercer como tal, como se recoñeceu oficialmente en 1933 no IX Congreso de Nacionalidades Europeas, adscrito á Sociedade de Nacións. Quérese tamén fomentar a estima colectiva para que cada vez sexa máis pobo o que acredite e tome conciencia de que a nación galega existe e ten futuro.

Convidámoste a asistir.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *