ASOCIACIÓNS

Queremos Galego no Congreso!

Queremos Galego no Congreso!

Queremos Galego no Congreso!

  • Posted by gzcultura
  • On 20/09/2023
  • 0 Comments
  • Lingua

A Federación de asociacións culturais galegas Galiza Cultura vén de se sumar, coa sinatura da súa Presidencia Xosé Manuel Carril, ao manifesto Queremos Galego no Congreso (podes acceder ao mesmo premendo aquí) que vindica o noso idioma en igualdade xunto coas demais linguas oficiais do Estado español, e que esta mañá foi presentado e acompañado por máis de 50 sinaturas de personalidades de todos os ámbitos sociais (cultura, economía, deporte, académico etc) do país.

Entendemos que paso dado onte no Congreso das deputadas e dos deputados é histórico e agardamos, como o propio manifesto indica, “que as nosas e os nosos representantes na Cámara Baixa sexan consecuentes co compromiso co seu país e que empreguen a lingua galega a partir de agora en todas as intervencións que realicen, contribuíndo desta maneira non só ao seu coñecemento e divulgación, senón tamén ao seu prestixio e normalización”.

Mil primaveras máis para a nosa lingua!

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *