ASOCIACIÓNS

Luísa Villalta, por fin Letras Galegas: textos escollidos da súa obra poética

Luísa Villalta, por fin Letras Galegas: textos escollidos da súa obra poética

  • Posted by gzcultura
  • On 11/09/2023
  • 0 Comments
  • Club de Lectura

Por fin, e despois de máis dunha década agardando por esta data, xusto antes do verán, a Real Academia Galega decidiu dedicar o Día ds Letras Galegas de 2024 a Luísa Villalta. Socia de honra dunha das nosas entidades federadas, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, vai ter, finalmente, o recoñecemento merecido.

Comprometida con Galiza, coa súa cidade (A Coruña) e coa súa xente, coñecida principalmente como poeta, tamén escribiu teatro e, moito menos sabida, da súa titulación superior en violín, chegando a formar parte da Orquestra de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia.

Xusto para este 2024 cúmprense 20 anos do seu repentino e inesperado pasamento.

Deste xeito, queremos celebrar a nosa vindeira sesión do clube de lectura lendo algúns dos seus poemas a través dunha escolma dos textos que aparecen en Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004), obra publicada en Galaxia. Esta actividade realizarémola coa volta das sesións após o verán, neste vindeiro sábado 23 de setembro, ás 17 horas, como sempre nos espazos que nos ceda para esa data a Casa-Museo Manuel María.

Vémonos entón!

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *