Palestra: O grupo “Nós” na cultura galega
- Posted by gzcultura
- On 08/01/2020
- 0 Comments
O vindeiro 15 de xaneiro de 2020, ás 20:30 horas, o Vide, Vide!!! acolle a palestra do profesor Victorino Pérez Prieto, que versará sobre a importancia e actualidade do grupo “Nós” na cultura galega.

Esta actividade forma parte do proxecto Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, organizado pola Federación Galiza Cultura xunta as asociacións integradas nela, coa colaboración da A.C. O Galo, e que conta cunha axuda da área de cultura da Deputación da Coruña.
O Vide, Vide!!! atópase na rúa da Fonte de Santo Antonio de Compostela.
0 Comments