Estrea do audiovisual “Nós de onte a hoxe” e visita guiada pola exposición
- Posted by gzcultura
- On 04/01/2020
- 0 Comments
A Federación de Asociacións Culturais Galegas “Galiza Cultura” e a Agrupación Cultural O Galo, integrante da mesma, presentan no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego este venres 10 de xaneiro ás 18 horas o audiovisual Nós de onte a hoxe, antes da visita guiada pola exposición adicada a Xeración Nós inaugurada o pasado 11 de decembro.
O audiovisual é unha curta documental que percorre a Xeración Nós e a súa significación para a nosa cultura, foi dirixido pola cineasta Sara Riobó Rúa e incorpora entre outros a interpretación de partituras de José Baldomir -músico da Xeración Nós-; ten unha duración de catro minutos e medio.
Despois da presentación do audiovisual comezará unha visita guiada pola exposición dirixida por Carlos Bernárdez, comisario da exposición, que conta con pezas orixinais cedidas pola Fundación Vicente Risco e polo propio comisario.
O audiovisual forma parte da serie de actividades programadas por Galiza Cultura para conmemorar o centenario dunha iniciativa singular e decisiva na historia contemporánea da Galiza: o nacemento da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 de Outubro de 1920, revista de alta cultura que coloca a lingua, as artes e a ciencia galega nun nivel privilexiado de calidade.
A vindeira actividade será unha conferencia na vindeira semana en Compostela; a exposición e o audiovisual están financiadas pola Deputación da Coruña por medio dunha convocatoria competitiva de axudas de concorrencia competitiva.
0 Comments