Gosto de vivir a poesía

Gosto de vivir a poesía

Gosto de vivir a poesía

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 31 Xullo, 2021
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, Gosto de vivir a poesía, Ricardo Carvalho Calero

Hai anos que a Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán dentro do programa “Facendo país” coordinado por Ricardo Seixo, vén desenvolvendo “Gosto de vivir a poesía”, unha actividade aberta e de balde, en que as persoas participantes escollen catro ou cinco autoras/es a quen dedicar cadansúa sesión ao longo do ano; escolman uns poemas de cada autor/a e, nunha sorte de escola de declamación, trabállanos durante un mes para facer unha lectura pública final, no local veciñal (rúa Entrepenas 38 soto, 15010 A Coruña) ou noutras localizacións como parte doutras actividades propias, alleas ou no decurso dos festivais que desenvolvemos no Centro Ágora.

Por mor da pandemia, introducimos a publicación en facebook e youtube.

A lectura dos poemas compleméntase, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), cunha introdución sobre a figura e obra do autor/a, coa presenza do autor/a ou ao coidado dunha persoa coñecedora da súa obra.

En 2021 temos programados cinco encontros:

  • Marzo. Miguel González Garcés
  • Maio: Xela Arias: dentro do festival “Ferrados de Letras”, no Centro sociocultural Ágora
  • Xulho: Ricardo Carvalho Calero
  • Outubro: Antón Avilés de Taramancos
  • Decembro: un acto no Centro sociocultural Ágora coa presenza de Ana Romaní, Eva Veiga e Xulio López Valcárcel

Agradecemos a Xoán Andrade e a Bruno L. Teixeiro que nos permitisen utilizar a caricatura e o desenho de Ricardo Carvalho Calero para o desenho de dous dos marcapáxinas que editamos en 2020.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *