
Visita guiada ao Pazo de Meirás
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 23 Xullo, 2021
- 0 Comments
- Carlos Babío Urkidi, IniciativaDefendeMeirás, Manuel Pérez Lorenzo "Lito", Memoria democrática, visita guiada
Os luns 26 de xullo, 2 e 23 de agosto visitamos o pazo de Meirás, un símbolo da impunidade do franquismo, incorporado ao patrimonio colectivo grazas á reivindicación popular e á investigación histórica.
Organizamos estas visitas en colaboración co Concello de Sada e coa Asociación cultural Irmáns Suárez Picallo, en cuxa directiva participan quen serán os nosos guías, Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, que son os autores do libro “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio”, obra chave na sentenza que devolveu o pazo ao ben público ao documentar o espolio que a ditadura realizou para que o pazo acabase en mans de Franco e os seus descendentes.
O percurso faise ao aire libre.
É de balde, mais, por mor da pandemia, é preciso e limitar o grupo a un máximo 20 persoas. O transporte até a pazo é por conta de cadaquén.
Con estas visitas damos un paso máis para facer deste conxunto, por fin recuperado como ben público, un lugar para a memoria democrática.
0 Comments