Gosto de vivir a poesía de Manuel Pereira Valcárcel

Gosto de vivir a poesía de Manuel Pereira Valcárcel

Gosto de vivir a poesía de Manuel Pereira Valcárcel

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 4 Xaneiro, 2024
  • 0 Comments
  • Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, Gosto de vivir a poesía

Na primeira sesión pública do novo ano, coñeceremos a obra poética de Manuel Pereira e o autor poderá asistir ao recitado de poemas seus que farán as persoas participantes no club de lectura.

A entrada é libre ata completar a capacidade do local.

✒️11 de xaneiro ás 20 h.

📍 Rúa Entrepenas 38 soto

Informamos de que xa podes descargar nesta web (http://galizacultura.gal/agra/documentos-e-informes/ ) o libro “No celeiro dos versos” de Ricardo Seixo, coordinador do noso club de lectura de poesía, que escolmou uns poemas seus para homenaxearmos a poesía galega. Imprimimos 500 exemplares coa axuda económica da Área de Cultura da Deputación da Coruña, que distribuiremos de balde, ata acabar as existencias, entre as participantes na actividade Gosto de vivir a poesía. Agradecemos a colaboración de Pilar García Negro, que escribiu o limiar, e de Sechu García Alfonso, que cedeu as fotografías coas que ilustramos algúns dos poemas.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *