Concerto de Daniel Pereira Cristo Trío na nova edición do festival “Por amor á palabra solidariedade”
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 2 Xaneiro, 2024
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra
Daniel Pereira Cristo está recoñecido como un dos maiores nomes da música de raíz en Portugal, gañando algúns premios, entre eles o Premio Carlos Paredes en 2018 (un dos principais premios de música en Portugal, outorgado por unanimidade do xurado).
Daniel Pereira Cristo soubo levar a música, o canto e os instrumentos tradicionais á actualidade. Acompañado das influencias do seu produtor Hélder Costa e dos seus grandes músicos.
Este concerto máis íntimo e de trío, céntrase na música tradicional reinventada, na variedade dos seus ritmos e nos diversos sons dos instrumentos tradicionais (en particular, os cordófonos do norte de Portugal). Nun formato máis reducido préstase unha maior atención á multiplicidade de percusións de André No e ao virtuosismo do acordeonista João Ferreira. A idea
sempre comeza explorando a variedade de cordófonos, melodías, ritmos e percusións tradicionais, achegándoos á actualidade. Nunha dicotomía permanente entre pasado e presente, onde o futuro quere ter lugar e a identidade e as raíces insisten en mostrarse -baixo a
vella máxima de saber quen somos, para saber mellor a onde queremos ir e chegar- o lema é promover a pluralidade no mundo e o respecto intercultural, tendo como punto de partida o autocoñecemento e o respecto pola cultura propia – os instrumentos antigos e a música – con
especial atención ao cavaquinho e á viola braguesa.
Este concerto, como todo o programa Agra no Ágora, de colaboración entre a Asociación Veciñal Agra e o Concello da Coruña, é de entrada libre e gratuíta.
Elenco:
DANIEL PEREIRA CRISTO – Cordófonos tradicionais e voz
ANDRÉ NO – Percusións
JOÃO FERREIRA – Acordeón
A quen vai dirixido: público en xeral
Cando: xoves 14/12/2023 ás 20:15 h.
Duración: 90 minutos
Onde: Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo: de balde
• Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
0 Comments