LarLilás: asociación e proxecto autoxestionado de vivenda, atención e coidado na vellez

LarLilás: asociación e proxecto autoxestionado de vivenda, atención e coidado na vellez

LarLilás: asociación e proxecto autoxestionado de vivenda, atención e coidado na vellez

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 14 Xaneiro, 2024
  • 0 Comments
  • Asociación Veciñal Agra, coidados na vellez, LarLilás, Nieves Rodríguez Brisaboa, vellez activa, vivendas colaborativas

Nieves Rodríguez Brisaboa, presidenta da asociación LarLilás, explicará os obxectivos e ideario desta asociación que impulsa a creación dun centro socio-sanitario autoxestionado de coidados na vellez.

Nieves Rodríguez Brisaboa é profesora da Universidade da Coruña, catedrática en Linguaxes e Sistemas Informáticos. Foi recoñecida co Premio Nacional de Informática.

LarLilás é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é desenvolver un proxecto de creación dunha comunidade cun modelo de atención integral e coidados centrado nas persoas, que poda garantir un final da vida en condicións de dignidade.

Concibida como unha alternativa aos modelos actuais de residencias e vida en soidade non desexada, LarLilás é un proxecto autoxestionado que amplía a liña do cohousing coa atención e coidado en casos de dependencia e enfermidade.

Trátase dunha nova estratexia para afrontar a vellez e os coidados á dependencia, que combina dignidade e autonomía de vivir na propia casa cun modelo de convivencia solidaria e unha filosofía de envellecemento activo.

Eis as ligazóns coa páxina web de LarLilás e con algunhas novas publicadas na prensa sobre o seu proxecto:

https://www.larlilas.com/index.html

https://reviradafeminista.com/co-habitacom-feminista/
 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *