FoliAgra 2022

FoliAgra 2022

FoliAgra 2022

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 27 Maio, 2022
  • 0 Comments
  • agra do orzán, Aturuxo, Cántigas da Terra, Centro sociocultural Ágora, Continhos da feira, Donaire, festas do barrio, FoliAgra, Magín Blanco, O Amanexo, Os Melidaos, Parque da Agra Xa, Raigañas, Santaia, Zurrumalla

Este ano volve a festa tradicional do barrio, para grandes e crianzas: pasarrúas nas fins de semana de todo o mes e poñemos o ramo con tres concertos o 26 de xuño.

As nosas rúas serán o mellor destino para cantar, bailar e tomar uns aperitivos calquera sábado e domingo do mes de xuño: entre as 12 e as 14:30 h. sairán os grupos de música e baile tradicional dende a praza das Cunchiñas percorrendo as rúas anexas con música e pezas de baile (percurso). Eis a relación dos grupos que nos animarán cada día:

Sábado 4 de xuño:  Cántigas da Terra

Domingo  5 de xuño:  Asociación Cultural “O Amanexo”

Sábado 11 de xuño:  Agrupación folclórica “Aturuxo”

Domingo 12 de xuño:  Asoc. Cult. “Santaia”

Sábado 18 de xuño:  Grupo “Contiños da feira”

Domingo 19 de xuño: Asoc. Cult. “Raigañas”

Sábado 25 de xuño:  Asociación cultural Donaire

O domingo 26 de xuño pechamos o programa con tres concertos no Centro Ágora:

Ás 12 h. a sesión infantil cun concerto de Magín Blanco e a banda das apertas.

Ás 19 h. actuación de dous:

Zurrumalla

Os Melidaos

Vai ser ben difícil aguantar as ganas de bailar!

Lamentamos a limitación do espazo. Sabemos que o primordial dunha boa festa tradicional é ser punto de encontro ao aire libre, onde botar unha fala ou unha peza coa veciñanza e amizades. O noso barrio carece do espazo para facela con xeito. Hai anos facíase na praza das Cunchiñas, o espazo máis amplo de convivio do que dispuñamos no barrio; mais as sucesivas deformacións municipais lograron privala da necesaria multifuncionalidade, ata o extremo de que xa non hai onde pór un escenario nin terreiro para bailar unhas pezas. Por iso, en 2022 botamos man do único espazo público dispoñible no barrio (as rúas) e do auditorio do Centro Ágora.

En 2014 xa tiveramos que montar o escenario da primeira FoliAgra na rúa Barcelona por mor das obras que destrozaron a praza das Cunchiñas para facer un aparcadoiro (infrautilizado). Xurxo Souto foi o pregoeiro daquela primeira FoliAgra e a programación do festival xa contaba con pasarrúas, sesión infantil (concerto de Pirilampo) e dous conciertos de fin de festa (Sés e Fracasados de Antemán). Antes da COVID fomos engadindo ao programa as Foliadas abertas e xogos para as crianzas.

A ver cando teremos o parque da Agra para celebrar as festas do noso barrio!

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *