Visitas guiadas á exposición “Téxtiles de artistas”
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 1 Xuño, 2022
- 0 Comments
- Alastair Morton, Andy Warhol, artes aplicadas, belas artes, Bloomsbury, Duncan Grant, Eduardo Paolozzi, Freda Paolozzi, George Braque, Graham Sutherland, Henri Matisse, Joan Miró, Judith Stephen, Marc Chagall, Marcel Vertes, Nigel Henderson, Pablo Picasso, Raoul Dufy, Salvador Dalí, Saul Steinberg, Sonia Delaunay, téxtiles de artistas, visita guiada, Zandra Rhodes
Visitaremos esta exposición en martes 31 de maio e en 13 de xuño, ás 17:55.
Esta mostra ofrece un percorrido pola historia da arte do século XX a través de tecidos deseñados por artistas de primeira liña, con exemplos senlleiros que se insiren nalgúns dos principais movementos artísticos: fauvismo, cubismo, abstracción, surrealismo e pop art. Composta por máis dun centenar de obras, esta exposición presenta unha importante panorámica dos tecidos como forma de arte popular na Gran Bretaña, os Estados Unidos e a Europa do século XX.
Esta actividade é gratuíta e aberta á veciñanza, mais, como as prazas son limitadas, a admisión farase por orde de inscrición. Se quixeres asistir coa Asociación Agra, debes inscribirte no local veciñal (entre as 18 e as 20 h, de luns a venres, rúa Entrepenas 38 soto), enviando un correo a agra@galizacultura.gal ou por teléfono / telegram / whatsapp -981261044-604031338- indicando o teu nome e teléfono de contacto.
0 Comments