O álbum de guerra de Luís Seoane
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 23 Maio, 2022
- 0 Comments
- 13 estampas da traizón, Fundación Luís Seoane, Luís Seoane, María Antonia Pérez Rodríguez
Conferencia de María Antonia Pérez Rodríguez sobre o primeiro álbum debuxado por Luís Seoane: Trece estampas de la traición, publicado en 1937 na campaña de propaganda no extranxeiro promovida polo goberno da segunda República española, na procura do apoio internacional fronte aos golpistas.
Luís Seoane denuncia neste álbum os responsables do golpe de estado de 1936 e as consecuencias da guerra na poboación civil.
A documentalista María Antonia Pérez realizou diversos traballos editoriais e expositivos vinculados á figura de Luís Seoane, entre eles a súa tese de doutoramento “Luis Seoane a través da prensa (1929 – 1979)”; investigadora e profesora xubilada da Universidade da Coruña, comisariou, xunto con Silvia Longueira, a exposición 13 estampas de traizón. 80 anos da súa publicación da Fundación Luís Seoane.
0 Comments