Con voz de primavera 2022

Con voz de primavera 2022

Con voz de primavera 2022

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 6 Abril, 2022
  • 0 Comments
  • Asociación Cultural Turbina, Asociación Veciñal Agra, bubela, Centro sociocultural Ágora, Con voz de primavera, Europa entre 4 paredes, Fillas de Breogán, Finlandia, Galiza un pobo unha selección, IES Agra do Orzán, Proxecto Huis-Clos, selección galega, teatro

“Con voz de primavera 2022” convídanos a dous espectáculos escénicos o xoves 7 de abril, ás 18:30 h. no auditorio do Centro Ágora.

A Asociación Cultural Turbina preséntanos Europa entre 4 paredes, unha lectura dramatizada que reúne textos de autoras de diferentes países europeos que foron convidadas para escribir sobre a vida entre catro paredes durante a pandemia e de que forma o confinamento mudou a forma de entender que significa pertencer a Europa. Entre a realidade e a ficción, os textos A voz humana (do portugués Ricardo Correia), Engordiño (da británica Deborah Pearson), Idus (da galega Vanesa Sotelo) e O mundo exterior dimo todo (da italo-austríaca Maxi Obexer) serven para revisar o pasado recente e lanzar a mirada sobre o presente.
Textos: Deborah Pearson, Maxi Obexer, Ricardo Correia, Vanesa Sotelo
Elenco: Fran Godón, Manu Lestón, Noelia Iglesias, Vanesa Sotelo
Iluminación e espazo escénico: Raúl Giraldo
Tradución: Antía Veres, Patricia Buján, Vanesa Sotelo
Dirección: Vanesa Sotelo

Na segunda parte do festival, o alumnado do IES Agra do Orzán ofrecernos o seu espectáculo “Finlandia.

Entrada de balde.

No intermedio farase un sorteo dunha camisola e mais unha bolsa, agasalladas polo equipo coruñés “Fillas de Breogán”, entre o público que responda correctamente a dúas cuestións relacionadas co cartel deste evento e co deporte galego.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *