
Vivir a vellez hoxe
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 17 Abril, 2022
- 0 Comments
- alternativas, bo envellecer, Marie Langer, Obradoiro, ProCC, Regina Basadre, vellez
A partir deste martes, 19 de abril, incluído, desenvolveremos no local veciñal o obradoiro “Vivir a vellez hoxe”, coordinado pola doutora Regina Basadre e supervisado polo Proyecto Procc – Centro Marie Langer
Serán 10 sesións de 2 horas semanais: os martes, das 10:30 ás 12:30 h.
Este obradoiro está dirixido a persoas maiores de 65 anos.
Este obradoiro é para pensarmos xuntas/os alternativas para un bo envellecer e afrontar sentimentos como estes: “Parece que se es vella/o xa non vales”, “Se non fora pola miña muller…”, “Na casa sinto que son un estorbo”, “De coidar nunca te xubilas”
Inscrición por correo (agra@galizacultura.gal) ou por teléfono ( 981 261 044 – 604 031 338), indicando nome, apelidos, idade e teléfono de contacto.
0 Comments