Visita guiada á exposición “Mirar de novo. A muller contra o tempo”

Visita guiada á exposición “Mirar de novo. A muller contra o tempo”

Visita guiada á exposición “Mirar de novo. A muller contra o tempo”

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 30 Marzo, 2022
  • 0 Comments
  • Almudena Fernández, Ana Fernández, Antía Moure, arte, Bea Rey, Berta Cáccamo, Carmen Calvo, Chechu Álava, Cristina Iglesias, Cristina Moralejo, David Barro, Desiree Dolron, Diego Cascón, Elena Colmeiro, Elisa Sighicelli, Eva Carrera, Fiona Rae, Helena Almeida, Julia Minguillón, Lita Cabellut, María Antonia Dans, María Blanchard, María Elena Montero, María Xosé Díaz, Maruxa Mallo, Menchu Lamas, Mirar de novo, Mónica Alonso, Mónica Maneiro, Pamen Pereira, Paz de la Calzada, Pilar Alonso, pintura, Shirin Neshat, Soledad Penalta, Soledad Sevilla, Susana Solano, Tatiana Medal, Valeska Soares, Yolanda Ferrer

O vindeiro martes, 5 de abril, ás 17:50 h. faremos unha visita guiada á exposición “Mirar de novo. A muller contra o tempo”, na sede Afundación A Coruña (Cantón grande 8).

Esta exposición propón unha reformulación da historia da arte, centrando o foco en creadoras que, contrariamente á tradicional exclusión das mulleres, si obtiveron recoñecemento amplo polo seu traballo.

A mostra parte dunha esencia de creación artística feminina galega, para ampliar o contexto e comprobar como este movemento resoou en moi distintas latitudes. Desde a iconoclastia das Sen sombreiro, onde se pode situar a Maruxa Mallo, ata as renovacións varias décadas despois da man de Menchu Lamas, o século XX no que arranca a mostra caracterízase por constituír o prólogo a un novo paradigma autorial caracterizado pola vocación da inclusión en igualdade.

ARTISTAS

Chechu Álava | Helena Almeida | Mónica Alonso | María Blanchard | Lita Cabellut | Berta Cáccamo | Carmen Calvo | Elena Colmeiro | María Antonia Dans | Paz de la Calzada | María Xosé Díaz | Desiree Dolron | Almudena Fernández | Ana Fernández | Cristina Iglesias | Menchu Lamas | Maruxa Mallo | Tatiana Medal | Julia Minguillón | María Elena Montero | Antía Moure | Shirin Neshat | Pamen Pereira | Fiona Rae | Bea Rey | Soledad Sevilla | Elisa Sighicelli | Susana Solano | Valeska Soares | Pilar Alonso | Yolanda Ferrer | Eva Carrera | Soledad Penalta 

Unha das achegas destacables tamén desta exposición é a inclusión dunha nova liña do tempo, conceptualizada por David Barro e deseñada por Cristina Moralejo, que ilustra a evolución de movementos, tendencias e estilos desde o ano 1900 ata a actualidade, incorporando o nome de mulleres que foron parte destes movementos e a quen se lles negou a visibilidade e o recoñecemento que si obtiveron os seus coetáneos varóns. Unha relectura da historia da arte contemporánea que pretende facer xustiza sobre a participación das mulleres na arte.

«Mirar de novo. A muller contra o tempo» complétase cun exhaustivo catálogo homónimo que conta cun texto analítico asinado por Mónica Maneiro e unha introdución dos comisarios David Barro e Diego Cascón Castro. En presentación trilingüe, está á disposición a modo de consulta breve neste enlace.

A exposición enmárcase na iniciativa “Cultura por alimentos” que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais; podes colaborar achegando a túa doazón de alimentos non perecedoiros cando vaias vela.

As prazas son limitadas. Se quixeres asistir, debes inscribirte antes do martes 5 de abril, no local veciñal (entre as 18 e as 20 h, de luns a venres, rúa Entrepenas 38 soto), respondendo a este correo ou por teléfono / telegram / whatsapp -981261044-604031338- indicando o teu nome e teléfono de contacto.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *