Actividades de Agra o primeiro semestre do ano

  • Posted by Gzcultura
  • On 10 Xaneiro, 2020
  • 0 Comments

Dende a Asociación Veciñal da Agra do Orzán xa temos lista a nosa programación para o primeiro semestre deste 2020, cunha ampla oferta de actividades para toda a veciñanza do barrio e quen nos queira acompañar.

Ademais das actividades os sete días da semana (baile, acordeón, gaita, percusión, pilates e moito máis), organizamos roteiros naturais ao longo do ano e visitas guiadas arredor da cultura.

Tamén temos espazo para festas, obradoiros e exposicións, sen esquecernos do Parladoiro, para o debate aberto de diversas cuestións, ou as palestras musicais, de saúde e coidados ou de historia e memoria democrática.

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *