Obradoiros gratuítos de pandeireta, pandeiro e baile tradicional en xullo

Obradoiros gratuítos de pandeireta, pandeiro e baile tradicional en xullo

Obradoiros gratuítos de pandeireta, pandeiro e baile tradicional en xullo

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 27 Maio, 2023
  • 0 Comments
  • Área de Cultura da Deputación da Coruña, Asociación Veciñal Agra, baile tradicional, Deputación da Coruña, obradoiro de pandeireta, obradoiro de pandeiro

Abrimos xa o prazo de inscrición nos cursos gratuítos do mes de xullo: pandeireta, pandeiro e baile tradicional para os que temos solicitada unha subvención de Cultura da Deputación da Coruña. Desenvolverémolos na praza das Cunchiñas, de luns a venres, en quendas de mañá ou tarde:
• mañá: de 11:30 h a 13:30 h
• tarde: de 16:30 h a 18:30 h
o Luns, mércores e venres, nas primeiras horas: pandeireta e nas segundas baile
o Martes e xoves, nas primeiras horas pandeiro e nas segundas baile.
As prazas son limitadas e repartidas en grupos por idades (menores/maiores de 15 anos). Cómpre inscribirse indicando:
□ Apelidos e nome
□ Teléfono de contacto
□ Idade
□ Actividade que quere: Pandeireta, pandeiro e/ou baile.
✍️rúa Entrepenas 38 soto (de luns a venres, das 18 ás 20 h.)
📧agra@galizacultura.gal
☎️981 261 044

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *