Ferrados de Letras 2023
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 10 Maio, 2023
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Ferrados de Letras, Fiandola, Gosto de vivir a poesía, Parabéns, Tradivivas Agra
En 18 de maio ás 20:15 h. celebraremos o VIII festival Ferrados de Letras no Centro Ágora.
Ademais das actuacións de Tradivivas Agra, colectivos veciñais de baile, canto, percusión e recitados da Asociación veciñal Agra, actuarán os grupos musicais Parabéns e Fiandola.
Parabéns: naceu hai algo máis dez anos pola necesidade de cantar na nosa lingua, recollendo temas populares e achegando algúns propios.
Fiandola: é un grupo de música galega de base tradicional. O traballo deste grupo nace da transformación e interiorización da música de raíz de Galicia que se plasma nun modo particular de interpretar esta música e de compoñer novas melodías. Fiandola presenta un repertorio orientado ao baile e ao directo e que se nutre do traballo de campo desenvolvido polos membros do grupo, polos cancioneiros e arquivos dispoñibles e polo traballos de composición e arranxos que eles mesmos elaboran ou por melodías doutros compositores galegos.
Ferrados de Letras, como toda a programación Agra no Ágora, que mantemos en colaboración co Concello da Coruña, ten a entrada libre e gratuíta.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
18/05/2023
Horario:
20.15 h (a esta hora pecha a porta de acceso)
Duración:
2 horas
Enderezo:
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo:
Como todas as actividades do programa Agra no Ágora, a entrade é de balde. Non fai falla reserva ningunha; as butacas ocúpanse por orde de chegada, ata completar a capacidade.
• Organizadora:
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto:
agra@galizacultura.gal
0 Comments