Concentración por un parque na Agra do Orzán

  • Posted by gzcultura
  • On 1 Marzo, 2020
  • 0 Comments
  • agra do orzán, concentración, coruña, parque

Este xoves 5 de marzo a Asociación Veciñal da Agra do Orzán convoca unha concentración veciñal ás 9:15 da mañá na praza de María Pita da Coruña.

Cartaz da concentración

A veciñanza da Agra do Orzán levamos moitos anos loitando para que se dote ao barrio dun parque, dada a inexistencia de espazos verdes nun barrio no que viven máis de 29 mil persoas, e que non conta nin sequera cunha praza.

A nosa asociación rexeitará calquera proposta que implique edificar. Calquera edificación (moita ou pouca) nese espazo implica que sexa unha urbanización e non un parque.