Lectura pública de textos de Xohana Torres
- Posted by gzcultura
- On 2 Marzo, 2020
- 0 Comments
- agra do orzán, coruña, lectura pública, xohana torres
A Asociación Veciñal da Agra do Orzán organiza este xoves 5 de marzo ás 20:00 Gosto de vivir a, unha homenaxe pública a autora Xohana Torres, coa colaboración do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña.
A introdución correrá a cargo de Fina Parra García, despois do cal comezará a lectura pública de textos de Xohana Torres.
A participación é libre, só hai que achegarse a hora indicada ao local da asociación na rúa Entrepenas 38.