1888. Señorita Xulia
- Posted by Administrador 2 AGRA
- On 8 Xullo, 2022
- 0 Comments
- Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, August Strindberg, Centro sociocultural Ágora, Estudo Momento, Fröken Julie, Igualdade, Iria Ares, teatro, Xoán Carlos Mejuto
O programa Agra no Ágora engade na programación de 2022 o primeiro festival “Pétalos igualdade. Flor de vida” para ofertar un espectáculo de artes escénicas no mes de xullo para promover a reflexión e o avance social cara á equidade de xénero. Este novo festival convídanos en 2022 á representación teatral 1888. A señorita Xulia, unha adaptación do clásico de August Strindberg de 1888 a cargo de Estudo Momento.
En 1888 August Strindberg estreaba Señorita Xulia (en sueco, Fröken Julie), unha obra de teatro expresionista que trata as clases sociais, oamor, a luxuria e a batalla dos sexos cun forte toque de determinismo… Hoxe as súas brutais palabras seguen resonando nos nosos ouvidos. Era o autor o misóxino de que todos falan ou un feminista encuberto?
Tras o éxito de 1879. Casa de Bonecas, Premio Luísa Villalta pola Igualdade en 2018, Estudo Momento volve demostrar o seu compromiso co feminismo, rescatando un clásico para seguir afondando na ardua tarefa de construír un futuro mellor, no que as mulleres sexan quen de pensar e vivir por si propias.
Dirección: Xoán Carlos Mejuto
Intérpretes: Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto
Autor – Adaptación: Xoán Carlos Mejuto
Sinopse: na noite de san Xoán, Xulia decide aproveitar unha ausencia do seu pai, o conde, para organizar unha festa secreta cos criados. Durante a festa, Xulia seduce Xoán, criado predilecto do conde. Os dous amantes caen nun perigoso xogo de paixón, violencia, inocencia e amor. Dúas criaturas brillantes, vítimas do condicionamento social e moral dos seus mundos, tan diferentes… O texto de Strindberg sorprende -e atemoriza- por actual e contundente. É posíbel a igualdade entre home e muller? Entre ricos e pobres? Entre rei e escravo?
Máis info: https://estudomomento.com/gl/1888-senorita-xulia/
A quen vai dirixido:
Para público en xeral, recomendada para maiores de 16 anos
Cando:
28/072022
Horario:
20 h.
Duración:
90 minutos
Enderezo:
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña
Prezo:
de balde
• Organizadora:
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”
Contacto:
agra@galizacultura.gal
0 Comments