Onde caben dous, caben cinco

Onde caben dous, caben cinco

Onde caben dous, caben cinco

  • Posted by Administrador 2 AGRA
  • On 16 Setembro, 2022
  • 0 Comments
  • Agra no Ágora, Asociación Veciñal Agra, Barrio, Estatística, IES Agra do Orzán, Matemáticas, Sgapeio

Presentación do magnífico traballo de estatística “Onde caben dous, caben cinco”, feito por alumnado do I.E.S. Agra Do Orzan.

Comparten autoría Pablo Araújo Rodríguez, Florencia Isabel Balmelli Rivero, Eduardo A. Tella Vidal e Isabel Rodríguez Polín, alumnado de 1° de bacharelato, do Club Estatístico do IES Agra do Orzán, titorizado pola súa professora de Matemáticas, María Ángel Martínez Rodríguez. Contaron coa colaboración da ONG Ecos do Sur.

É unha análise social e demográfica da cidade da Coruña, cunha especial énfase nos factores relacionados coa inmigración no barrio e no IES do Agra do Orzán, un exemplo de centro integrador e multicultural, que ten unha porcentaxe superior a 15 % de alumnado estranxeiro.

Este traballo de ciencia con óptica social obtivo o primeiro premio no XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado pola Sgapeio -Sociedade Galega para a promoción da Estatística e para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións—. Tamén se presentaron á XI fase estatal Incubadora de Sondaxes e Experimentos, na que gañaron o primeiro premio na súa categoría.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Mércores 21/09/2022

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Aula 9 do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde

Organizadora:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “Agra”

Contacto:

agra@galizacultura.gal

 

0 Comments

Leave Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *