Iniciativa Xabarín na Pobra
- Posted by atrastenda1
- On 2 Abril, 2021
- 0 Comments
O mércores 31 estaremos xunto A Mesa pola Normalización Lingüística, na feira semanal da Pobra, recollendo sinaturas para presentalas no Parlamento para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”.
Queremos unha programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas de contidos audiovisuais así como App actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego, a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega.
Para conseguir que esta Proposición Non de Lei chegue a ser debatida no Parlamento imos precisar da túa colaboración de novo. Se ben a lexislación estabelece que son 2500 as sinaturas necesarias para ser debatida, pensamos que é posíbel multiplicar esta cantidade e facer ver que esta demanda conta cun amplo apoio dentro da sociedade galega. É importante sinalar que só serán válidas a sinaturas obtidas físicamente e non as realizadas con anterioridade vía web.Así que achégate e asina. Agardámoste.
0 Comments