IV Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas na Estrada
- Posted by Admin
- On 20 Novembro, 2019
- 0 Comments
A Asociación Cultural Vagalumes organiza a cuarta edición da Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas o martes 26 de novembro ás 18:30 no Teatro Principal da Estrada.
Na Mostra participarán cinco entidades educativas con cadansúa obra: CEIP Cabada Vázquez de Codeseda, CEIP Pérez Viondi, CEIP Figueroa, CEIP do Foxo e o Clube de Lectura do IES Nº 1.
A entrada é de balde até o limite do aforo do teatro.